XX Encontro embarcación tradicionais

asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais Os Galos, en colaboración co Museo Massó, Culturamar, Concello de Bueu e a confradía de pescadores San Martiño, organiza os vindeiros 29, 30 e 31 de xullo de 2016 o seu encontro anual. Mostrámosche o programa do evento:

A asociación leva máis de dez anos traballando na recuperación e posta en valor das embarcacións tradicionais deste municipio. Na actualidade conta con máis de media ducia de embarcacións cuxo estandarte é o bote polbeiro de Bueu. A asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais Os Galos, fúndase en Bueu no ano 2000, co obxectivo de promover, difundir e valorar o patrimonio marítimo e cultural, así como conservar e recuperar as embarcacións tradicionais da zona.

A asociación vén facendo un interesante labor de revalorización da cultura marítima tradicional, desandando o camiño de destrución e desmemoria que se estaba producindo nos últimos anos para recobrar protagonismo e vida nos nosos portos, tanto no referente ás embarcacións tradicionais como a toda manifestación que esa cultura mariñeira leva implícita.

A asociación conta cun bo número de embarcacións dispoñibles para navegar: o bote polbeiro As Lagoas, o bote polbeiro grande ou xeiteiro Os Galos, as dornas Banda do Río e Can do Penedo, a traíña Pescadoira, etc.

Os botes polbeiros son as embarcacións distintivas e exclusivas do pobo de Bueu, neste sentido cabe destacar que a asociación conta con dou dos escasísimos botes polbeiros que quedan en activo en Galicia. No seguinte vídeo podemos algunhas destas singulares embarcacións:

 

Share This