estelas-min

Xornadas sobre patrimonio, natureza e turismo en torno ás illas Estelas en Nigrán

A próxima fin de semana, venres 16 e sábado 17 de decembroNigrán acollerá as xornadas “Estelas, as illas próximas”

O programa comezará o venres 16 ás 18:00 horas no Auditorio Municipal coa apertura das xornadas por parte de Juan Antonio González, alcalde de Nigrán.

Programa:

Venres 16:

  • Proxección do traballo artístico do Colectivo Latente “Monteferro, visión de 11 artistas”.
  • “Estelas, a porta do vento”, a cargo do xornalista Juan Caballero.
  • “Conservación dos valores naturais das Illas Atlánticas”, con Vicente Piorno, Técnico de Conservación do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
  • “A igrexa de San Xoán de Panxón na súa paisaxe altomedieval”, impartido por José Carlos Sánchez Pardo, Investigador Ramón y Cajal, área de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela.
  • “Xestión dos recursos patrimoniais e turísticos”, de Gustavo Adolfo Garrido García, Alarife, Instituto pro Patrimonio Galego.
  • E para rematar, proxectaráse o documental “Stelas, as illas próximas”, de Borja Brun, que pechará esta primeira xornada.

Sábado, 17 : 

Pola mañá, haberá unha andaina interpretativa dos valores naturais e patrimoniais do espazo Estelas-Monteferro, con saída ás 11:00 horas. A saída será dende o arco Visigótico de Panxón.

Máis información e contacto:

Correo, arqueoloxia@estela.info

Teléfonos 986 12 61 65 ou 677 164 635

Organiza: Estela, Arqueoloxía e Patrimonio

Colaboran: Deputación de Pontevedra e concello de Nigrán

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe destacada:

© Paco Álvarez

Share This