equilátero

Xornadas sobre economía circular e sustentabilidade. “Dos plásticos na terra aos microplásticos no océano”

 

Unha máis que interesante xornada sobre os plásticos e os impactos medioambientais asociados, os microplásticos nos océanos, a economía circular e a xestión deste tipo de residuos

A cita é o próximo venres 14 de xullo, a partir das 10:00h no Auditorio Municipal de Caldas de Reis

A integración da sustentabilidade nun evento é dimensionarlo e executalo cos recursos sociais, económicos e ambientais dispoñibles sen menoscabar os recursos das xeracións futuras.

Baseándonos no modelo de Economía circular, desde PortAmérica traballan cara á sustentabilidade do festival actuando en dúas frontes fundamentais: a contorna local (económico e social) e o medio ambiente natural.

A partir das 10:00 horas do venres 14 de xullo os relatores Joaquín Martínez Silva, director de Esmerarte Industrias Creativas; Juan Manuel Rei, alcalde do concello de Caldas; Anxos Pereira Sánchez, investigadora do grupo ICEDE da USC; Jordi Simón Serra, da Asociación Española de plásticos biodegradables e compostables; Jesús Gago Piñeiro, do Instituto Español de Oceanografía; María Cruz Ferreira, Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e Anxos Pereira Sánchez como moderadora, conversarán acerca da xestión deste tipo de residuos, a economía circular, o futuro e as posibles solucións para este problema ambiental tan presente na actualidade.

Premer sobre a imaxe para a ampliar e mirar o programa:

Máis información e contacto:

Equilátero Desenvolvemento Sostible Consultores

Facebook

Portamérica

Facebook

 

Share This