Xornadas informadores turísticos encabezamento

Nova convocatoria: “XI XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO SOBRE O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA”, próximo venres 22 de abril.
Prazo de inscripción: dende o venres 1 de abril ata o domingo 17 abril (ambos incluídos).

Estas xornadas van dirixidas a técnicos, informadores e guías turísticos con interese en coñecer os valores do Parque Nacional, seu funcionamento e todos os aspectos relacionados coa xestión de visitantes.

Data e lugares de celebración: Venres 22 de abril de 2016.

Mañá: Auditorio do Centro de Visitantes Cambón. C/ Oliva, 3. 36202 Vigo
Tarde: Arquipélago das Illas Cíes. Estación marítima de Vigo
Número de prazas: 40
Coordinador: José Antonio Fernández Bouzas, Director conservador do Parque Nacional
Período de inscrición: dende o venres 1 de abril ao domingo 17 de abril de 2016 (ambos incluídos)
Teléfono de información do Parque Nacional: 886 218090

No caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas, realizaráse unha selección baseada nos seguintes criterios: a relación entre o traballo actual do solicitante coa temática das xornadas, a súa profesión, estudos académicos e a orde de chegada de solicitudes; ademais non deberán ter participado nas cinco últimas edicións destas xornadas nin no curso de formación de guías do Parque Nacional.
A listaxe de participantes admitidos publicarase na páxina web do Parque Nacional: http://www.parquenacionalillasatlanticas.com o martes 19 de abril de 2016. As persoas admitidas que finalmente non poidan asistir deberán poñerse en contacto telefónico co Parque Nacional o antes posible a efectos de poder admitir a outros solicitantes que se atopen en lista de agarda. O feito de non comunicar con antelación (salvo causas debidamente xustificadas) a ausencia ás xornadas, será tido en conta para a participación en futuras edicións.

A parte teórica da xornada completaráse cunha visita a un dos arquipélagos do Parque Nacional, co obxecto de contrastar de xeito práctico os contidos tratados. Para obter o certificado oficial de asistencia será obrigatorio ter asistido tanto á teoría como á práctica.

A asistencia ás xornadas é gratuíta, incluíndo o transporte marítimo ás illas. O transporte ata o porto de embarque, así como a comida correran a conta de cada participante.

Máis información en http://parquenacionalillasatlanticas.com, apartado de “Actividades”,  subapartado “Actividades divulgativas y formativas”

Xornadas informadores turísticos

Share This