235-f-PARA PLAN

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por terceiro ano consecutivo o programa de voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con diversidade funcional no entorno das Illas Cíes.

Durante os meses de agosto e setembro un grupo formado por dous voluntarios terán a oportunidade de participar,de venres a venres, apoiando e acompañando a persoas ou grupos de persoas con diversidade funcional que visiten a illa nas actividades que desenrolen na mesma.

Os voluntarios deberán realizar un curso previo de formación para poder participar.

Este curso será presencial e desenvolverase o día 4 de agosto de 09:00 a 14:00h en Vigo.

As persoas que xa realizaron o curso na edición de 2015 non é necesario que se matriculen, pódense anotar directamente ao programa.

En canto ás súas funcións estas serán básicamente de acompañamento nas rutas e actividades que se fagan pola Illa.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento en tenda de campaña.
2. Manutención.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado á illa.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que obteñan praza, deberán ter en conta que:
-Deben levar saco de durmir.
-Non deben esquecerse da protección solar.
-Recomendámoslle levar unha mochila pequena.

Ao finalizar a súa participación neste programa, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todas as persoas voluntarias que desexen colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón antes do 3 de agosto ás 12:00h.

Share This