a tenda da gata

Xa se poden reservar as pasaxes para o Parque Nacional das Illas Atlánticas. En breve haberá novidades sobre o camping e as novas rutas nocturnas.

A Tenda da Gata é un establecemento situado no centro do núcleo urbano de Pontevedra, onde centralizan e ofertan os produtos, tanto turísticos e gastronómicos como culturais da nosa comunidade, Galiza, co fin de impulsar e apoiar o consumo local. Aquí se poden atopar produtos que veñen directamente de produtores locais, produtores que respectan o medio natural seguindo os principios da permacultura e o ecoloxismo.

Non é unha tenda gourmet nin delicatesen. Tampouco é unha axencia de viaxes.

Coñecen Galiza, respectando o medio natural e apostan por unha vida en sintonía coa natureza. Os produtos de temporada son os que priman, o respecto á natureza, o artesán, o agricultor, o próximo… Fóra plásticos, alimentos quilométricos, miles de envases e de aparellos. Na Tenda da Gata podedes atopar e descubrir todo o que se está facendo dun xeito responsable e sustentable.

Se queremos medrar temos que alimentarnos, se queremos que Galiza creza debemos alimentala e respectala. KMO e Movemento Slow.

Máis información no teléfono: 986101225

Facebook: A Tenda da Gata

Email: info@atendadagata.com

logo a tenda da gata

 

Share This