V Xornadas Ornitolóxicas: a conservación das aves galegas e os seus hábitats

  /  ACTUALIDADE   /  V Xornadas Ornitolóxicas: a conservación das aves galegas e os seus hábitats

V Xornadas Ornitolóxicas: a conservación das aves galegas e os seus hábitats

V Xornadas Ornitolóxicas:

Conservación das aves galegas e os seus hábitats

Chegan as V Xornadas Ornitolóxicas! este ano centradas no estado de conservación das aves galegas e os seus hábitats. As charlas terán lugar o venres 3 de marzo na nosa sede, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e o sábado 4 gozaremos dunha estupenda saída ornitolóxica pola Costa de Dexo. Quen se apunta? As prazas son limitadas!

Programa:

  • Datas: Venres 3 e sábado 4 de marzo de 2017
  • Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Monumento Natural Costa Dexo-Serantes
  • Colaboran: Seo/Birdlife, Grupo Naturalista Hábitat
  • Organiza: CEIDA, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)

Obxectivos
■ Dar a coñecer o estado de conservación das aves galegas e o seus hábitats.
■ Concienciar á sociedade sobre a necesidade de conservar as aves presentando formas de colaboración cidadá na súa preservación.

Dirixidas a
Público xeral interesado.

Venres, 3 de marzo
■ 16:00 – 16:45 h. As aves e áreas de valor ornitolóxico de Galicia. Como colaborar na súa conservación? Sergio París Gómez.
■ 16:45 – 17:30 h. O grupo de traballo para a vixilancia e protección da píllara das dunas en Galicia. Gustavo Martínez Ferreiro.
■ 17:30 h – 18:00 h. Descanso.
■ 18:00 – 20:00 h. O estado de conservación das aves galegas e os seus hábitats:
• As aves mariñas. Antonio Sandoval Rey.
• As aves de medios agrarios e esteparios. Óscar Rivas López.
• As aves de medios forestais e montanos. Óscar Rivas López.
• As aves de medios acuáticos.

Sábado, 4 de marzo
■ 10:00 – 14:00 h. Saída ornitolóxica pola Costa de Dexo e visita á Aula do Mar, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural
Costa Dexo-Serantes*.

O traslado ao espazo natural protexido corre a cargo dos asistentes.

Inscrición
10 €
Prazas limitadas

Descargar cartaz

Formulario de inscrición

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar e mirar o programa:

Imaxe destacada:
Parella de mazaricos rubios (Limosa lapponica) © Basilio Cegarra
Share This