FireShot Capture 61 - Delfines en la Ría de Vigo - YouTube_ - https___www.youtube.com_watch

Unha enorme manda de arroaces na ría de Vigo

Unha enorme manda de arroaces na ría de Vigo

Esta espectacular gravación de Fernando Rouge cun dron realizouse a unha altura duns trinta metros para “non molestar ao grupo”, segundo recoñece o seu autor. Asegura ademais que aínda que as mandas de cetáceos, sobre todo arroaces (Tursiops truncatus), son normais na ría de Vigo, nunca se atopara cunha de tal magnitude. Así, chegou contar até os 112 exemplares, algo que non ocorre tódolos días. 
Dalle ao play e non te perdas este espectacular vídeo cedido por Fernando Rouge e gravado en febreiro 2018 cun dron na ría de Vigo.

Pon no buscador do noso portal Cíes.gal a palabra cetáceos e descubre moito máis sobre a vida dos mamíferos mariños nas augas das Rías Baixas de Galicia

Audiovisual: © Fernando Rouge

Imaxe destacada: captura de pantalla audiovisual de Fernando Rouge

Publicado por

Cíes.gal

Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.