Verne 1

Un vigués chamado Verne: 149 aniversario da visita do Nautilus a Vigo

Este venres 17 dende as 20:00 as 21:00 horas, co gallo do 149 aniversario da visita do submarino Nautilus á ría de Vigo, a editorial Lobito Bueno e a libraría Versus (rúa Venezuela, nº 80, Vigo) organizan un encontro para falar da efeméride.

Eduardo Rolland, autor de “20.000 leguas de Verne a Vigo“, protagonizará un evento no que se desvelará a relación do escritor de Nantes coa cidade de Vigo.

Despois da charla, os asistentes brindarán na Leyenda polo capitán Nemo e a súa tripulación.

Premer sobre a imaxe para a ampliar:

 

Share This