peixe-porco

Un peixe porco en Rodas

Esta imaxe capturada por Dieguito Ge Eme xunto ao peirao de Rodas nas illas Cíes sírvenos de escusa para presentar a este chamativo peixe.

Por peixe-porco (Balistes carolinensis) entendemos o nome común dado a esta especie en xeral pertencente á familia dos Balistidos.

Vive en augas calmas de fondos rochosos e areosos. É carnívoro e se alimenta principalmente de invertebrados mariños, moluscos, crustáceos e alevíns. Mide uns 40 cm aínda que pode acadar os 75 cm de lonxitude

Esta especie é propia de mares subtropicais aínda que cada vez é vez máis común en todas as aguas peninsulares colonizando aos poucos novas áreas, sobre todo dende hai uns vinte anos. No verán é cando máis se achegan á costa.

O peixe-porco (Balistes carolinensis) caracterízase polo seu corpo tan ovalado coma aplanado, polas súas temibles espiñas dorsais e a súa non menos agresiva boca, dotada duns fortísimos dentes que usa para despezar as súas capturas. Destacan tamén os seus beizos grosos e carnosos.

Imaxe destacada:

© Dieguito Ge Eme

Share This