imaxe destacada muíño illa sur

Na illa de San Martiño ou Sur das Cíes aínda existen os restos dun muíño hidráulico. Xa ben de mediados do século XIX, relacionado co lazareto, o posto avanzado de Sanidade e mais os practicos, ou de finais dese século e principios do seguinte. Entón era cando funcionaba a factoría de salgado de peixe. Tamén sería usado polos escasos veciños que estaban asentados na illa de San Martiño nese periodo de entre 1850-1930. Aínda que non se despoboaría nesa década, os veciños da illa Sur sempre foron poucos na época contemporánea en comparación coa illa do Medio e do Norte, xa de por sí, sempre escasamente poboadas.

Documento gráfico dos primeiros anos 80

Imaxe:

Ramón Patiño

Share This