triple_corona_illas-encabezamento

57 km a nado. Tripla Coroa Illas Atlánticas. Da illa á terra

Este sábado 17 de setembro de 2016 celébrase a tripla coroa Illas Atlánticas, travesía a nado de 16 Km organizada pola compañía Atlantic Extreme Sports en colaboración co Parque  Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. O programa do evento é o seguinte:

  • Hora de embarque dos participantes desde Baiona: 07:30
  • Hora de saída do barco: 08:00
  • Chegada a Cíes: 08:45
  • Hora de saída do primeiro grupo lento desde Cíes: 09:15
  • Hora de saída do segundo grupo intermedio desde Cíes: 09:45
  • Hora de saída do terceiro grupo rápido desde Cíes: 10:15
  • Distancia e percorrido: 16 Km entre as Illas Cíes e a Praia de Ribeira, en Baiona.

Acompañamento de kaiaks: Ademais do apoio loxístico de embarcacións a motor propio deste tipo de probas, os nadadores irán acompañados por kaiaks durante a travesía.

Número de participantes: 150

Categorías: Absoluta masculina e feminina. A participación está aberta a todos aqueles nadadores federados e non federados que o día da proba cumprisen os 18 anos. Aqueles participantes que cumpran 18 anos o mesmo día da competición deberán entregar unha autorización escrita e asinada polo seu pai/nai ou titor na reunión técnica (ver apartado “Documento de responsabilidade”), que se celebrará o venres 16 de setembro.

Prezo de inscrición: 95 euros.

Máis información:

Tripla coroa Illas Atlánticas

 

 

Share This