salvora-triple-corona

Tripla Coroa Illas Atlánticas (Sálvora-Vilagarcía de Arousa)

A proba de natación máis dura de Europa

A terceira Coroa, en Vilagarcía de Arousa 2017

Chegou o día, nadadores! Xa está dispoñible na páxina web o regulamento da travesía entre a illa de Sálvora e Vilagarcía de Arousa de 28 km. Esta última coroa converteráse nunha das competicións no mar máis longas e esixentes que se celebrarán no continente europeo en setembro de 2017.

A terceira proba da #Triplecoronaillasatlánticas disputaráse na ría máis grande de Galicia e percorrerá O Grove, Cambados, a Illa de Arousa e Vilanova até chegar á praia de Compostela coa illa de Cortegada ao fondo.
Tamén podedes consultar na web o hotel oficial e outras informacións de interese. Nos próximos días irémosvos detallando o programa previsto para os vosos acompañantes así como as visitas guiadas a Sálvora e Cortegada, grazas á colaboración do Parque Nacional dás Illas Atlánticas de Galicia.
A partir do 1 de febreiro ábrense as inscricións. A terceira coroa atlántica será memorable!

Máis información, contacto e inscricions:

Triple coroa Illas Atlánticas

Facebook

Podes mirar os vídeos das edicións anteriores:

Tripla Coroa Illas Atlánticas (Ons-Sanxenxo). Ano 2015.

Triple Coroa Illas Atlánticas (Cíes-Baiona). Ano 2016.

 

 

Share This