cabo-silleiro-paco-alvarez

Trailer da curtametraxe “Torreiros, os gardiáns da Ría”

Unha curtametraxe documental de Xandro Barberena

Trailer da Curtametraxe Documental “Torreiros, os gaardiáns da Ría”, do fotógrafo Xandro Barberena coa aparición de Jose Antonio Mera, torreiro xubilado e actor principal da curtametraxe.

Este documental recoñece e valora a vida máis intima dunha profesión, a do torreiro, que remata xa,  que se extingue sen remedio. Non así, os faros, que seguirán ocupando o seu espazo e cumprindo a súa función.

O autor agradece a inestimable colaboración de Luís Martinez, encargado de axudas á navegación da Autoridade Portuaria de Vigo, Xullo Vilches, fareiro na Illa de Sálvora, Manuel Expósito, fareiro de Cabo Silleiro, a Pepin Fernandez e aos gardas forestais do Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia, a Fernando Rey pola súa colaboración no proxecto na Illa de Sálvora e, por suposto, a José Antonio Mera, actor principal deste documental.

As gravacións realizáronse, na súa maior parte, na Ría de Vigo, destacando os Faros de Cabo Silleiro, Monte Faro, Punta Canabal, Punta Subrido, Punta Robaleira, Cabo Home, Cabo Estai, e noutros lugares como a Illa de Ons e a Illa de Sálvora.

Xandrobcfoto.com

Imaxe destacada: 

© Paco Álvarez

Share This