Somerxémonos na illa de Onza

  /  NATUREZA   /  Somerxémonos na illa de Onza

Somerxémonos na illa de Onza

Somerxémonos na illa de Onza

Desta vez Pedro Alonso sorpréndenos coa súa inmersión nos fondos submarinos da illa de Onza, que forma parte do arquipélago de Ons, sendo Onza, a segunda illa en tamaño de dito arquipélago. Moi por diante doutras illas e illotes menores que do mesmo xeito conforman o arquipélago de Ons. Son As Freitosas (Freitosa de Fóra e de Terra), O Con das Galos, Cons de Liñeiro, Xuvenco, Gavotos, Gaiteiro, Centolo, Laxe do Crego ou Cairo.

En total, o conxunto da superficie protexida do arquipélago de Ons é de 2.641 hectáreas: 470 ha terrestres e 2.171 ha mariñas. E aí, no medio mariño, é onde se agochan os maiores tesouros que alberga o mar de Onza.

FireShot Capture 38 - Isla de Onza -40 a 0 - YouTube - https___www.youtube.com_watch_v=EQDF_AWmWEoCaptura de pantalla audiovisual © Pedro Alonso

Illa de Onza está separada de Ons pola canle da Porta, uns 600 metros de lámina de auga ata o sur da Illa de Ons, no lugar do puntal da Porta. As illas de Onza e Ons forman así unha sorte de arquipélago biinsular.

FireShot Capture 40 - Isla de Onza -40 a 0 - YouTube - https___www.youtube.com_watch_v=EQDF_AWmWEoCaptura de pantalla audiovisual © Pedro Alonso

Onza é unha illa de 32 hectáreas terrestres que conta cun perfil relativamente alto e amesetado onde o seu cumio acada os 84 metros de altura. Aínda que de litoral moi escarpado, na illa de Onza existen dous pequenos areais tanto ao norte (praia das Moscas), como ao sur (Porto do Sol).

A illa de Onza atópase ben protexida grazas aos seus pendentes cantís, onde tamén aparecen as furnas ou covas mariñas, estando arrodeada de numerosos e perigosos baixíos rochosos.

A maior parte da superficie terrestre está cuberta principalmente de vexetación arbustiva, matogueira de toxos, xestas ou fentos.

Así mesmo, a illa de Onza do mesmo xeito que Ons é un importante lugar de aniñamento de colonias de aves mariñas, gaivotas patiamarelas e corvos mariños cristados.

FireShot Capture 41 - Isla de Onza -40 a 0 - YouTube - https___www.youtube.com_watch_v=EQDF_AWmWEoCaptura de pantalla audiovisual © Pedro Alonso

Á illa de Onza non se lle coñecen polo momento restos de asentamentos humanos que a ocuparan de xeito permanente nalgún momento da súa historia ou prehistoria, salvo as ruínas dun refuxio de pastores e unha caseta militar de época contemporánea. Sí que tivo de sempre un uso agrícola e pesqueiro por parte dos habitantes da illa de Ons.

Furna con fondo areoso de Fedorentos e Onza de fronte. © Santiago Boado AguinagaOnza dende o interior dunha furna en Ons © Santiago Boado Aguinaga

Así, podemos contemplar a través das imaxes deste audiovisual de Pedro Alonso a riqueza e os valores que atesoura o medio mariño en Onza. Unhas imaxes onde compre destacar o contraste mais os cambios da paisaxe submarina a medida que a profundidade varía nesta inmersión realizada entre os 0 e -40 metros.

As inmersión subacuáticas e públicas de Pedro Alonso son un reflexo das múltiples colaboracións que recibimos enriquecendo este portal: Cíes.gal. Neste caso presentamos outra interesante actividade de mergullo deportivo e recreativo. Constatamos polo tanto ademais do goce da propia inmersión en sí para o submarinista, o feito gratificante de poder obter e compartir estas imaxes, demostrando e divulgando así a beleza e riqueza que atesouran estas augas ao público en xeral.

Esta serie de audiovisuáis compartidos por Pedro Alonso veñen sendo obxecto dun exemplo de aproveitamento recíproco. É poñer en valor actividades recreativas que conlevan un feito diferencial engadido á hora da divulgación dos valores do medio mariño do Parque Nacional e a súa contorna, e mesmo actúan como rexistros documentais de carácter científico.

E xa por fin tamén chega a emersión, o feito de voltar á superficie e nos atopar no litoral rochoso coa grata presenza do corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela.

geomap_ons

 Plano arquipélago de Ons © PNMTIAG

Ons é o maior de todos os arquipélagos que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xunto aos de Cíes, Sálvora e Cortegada 

mapa-parque-3-min

Plano situación Parque Nacional nas Rías Baixas de Galicia © PNMTIAG

FireShot Capture 42 - Isla de Onza -40 a 0 - YouTube - https___www.youtube.com_watch_v=EQDF_AWmWEoCaptura de pantalla audiovisual © Pedro Alonso

A pesca de baixura profesional e de carácter artesanal así como o submarinismo recreativo e científico están permitidos baixo regulación. Para o mergullo con botella ou chumbos nas augas do Parque Nacional compre solicitar o permiso correspondente. A pesca deportiva e o marisqueo non están permitidos.

Ademais de contar coa categoría de Parque Nacional, o arquipélago de Ons tamén está recoñecido con outras figuras de protección: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)  e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) do “Complexo Ons-O Grove”. Tamén está calificado como Destino Turístico Starlight.

Onza 4

Cara Norte da illa de Onza dende Ons © Santiago Boado Aguinaga

Este audiovisual foi gravado nos fondos submarinos da illa de Onza, no arquipélago de Ons (Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia), por Pedro Alonso, e publicado o 28 de xullo de 2016 na súa canle de youtube.

Pódenche interesar tamén as seguintes entradas:

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación

O arquipélago de Ons. Presentación

 Illas de Onza e Ons

As furnas ou covas mariñas das illas Cíes e Ons (I)

Os fondos mariños do Parque Nacional atesouran unha extraordinaria riqueza

Ruínas en Onza. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XIX)

Caseta militar de Onza. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVIII)

Se desexa descargar o Folleto Informativo do conxunto do Parque Nacional prema aquí e para saber moito máis accede á Guía de Visita Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Audiovisual: © Pedro Alonso

Imaxes fondos mariños: capturas de pantalla audiovisual de Pedro Alonso

Imaxes Onza: © Santiago Boado Aguinaga

Planos© PNMTIAG

Share This