910px-Jesús_Mosterín_Hugo_van_Lawick_and_Félix_Rodríguez_de_la_Fuente_in_Africa_1969-min

Continuación…

o certo é que resultan demasiado comedidas as palabras de Félix Rodríguez de la Fuente ao respecto do efecto que para o medio e as aves mariñas puidera ter este vertido de hidrocarburos, en comparación coa rotundidade que fai da defensa do lobo por exemplo.

 

Estaba condicionado por dar unha reposta axeitada?, a súa visita e o accidente foron unha coincidencia indesexable?. Volveu ou chegaría pisar Félix Rodríguez de la Fuente as illas Cíes para estudar as súas colonias de aves, como se anunciara cinco meses antes?. Aínda non temos unha resposta.

A redacción da noticia semella un bando oficial, unha nota de prensa que transmite calma, tranquilidade e normalidade. Parecía que á poboación local e aos traballadores do mar reconfortáballes a situación. Non pasara nada, mesmo a Félix Rodríguez de la Fuente só se lle fai neste medio, el Pueblo Gallego, unha pregunta ao respecto:

 -¿Qué perjuicios puede causar el petróleo derramado del “Polycomander” sobre la fauna de las islas Cíes?.

-Me temo que el crudo, al aumentar la tensión superficial de las aguas, ataque la impermeabilidad de las aves causándoles daños.

-Confiemos en que su justa apreciación no se cumpla en dimensiones alarmantes.

Se ben é certo que no subtítulo da nova apuntábase: “RIESGO PARA LAS AVES DE LAS ISLAS CÍES”.

Continuaremos indagando ao respecto e volveremos máis adiante a incidir no fatídico episodio do “Polycomander”.

Félix Rodríguez de la Fuente (14 de marzo de 1928 – 15 de marzo de 1980) foi un etólogo, naturalista e divulgador ambientalista español.

Continuará…

Ler I, II, III e IV parte.

Imaxes:
Imaxe destacada: De Alfonso Gutiérrez – Trabajo propio, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=6407710

El Pueblo Gallego.

 

Share This