© Rey Daluz

Serenidade e comunicación no dique da “lagoa dos Nenos” das illas Cíes

Con esta magnífica captura de Fernando Rey Daluz queda reflectida a calma e a serenidade que se respira no dique da lagoa dos Nenos, que une de maneira artificial a illa Norte ou de Monteagudo coa illa do Medio ou de Montefaro.

Este dique foi construído na década dos anos 40 do século XX para mellorar a comunicación entre ambas illas. Hoxe en día estáse a avaliar o impacto ambiental que poda estar ocasionando. Seica impide a debida rexeneración das augas e acumula sedimento e mais area das dunas de Rodas. Sería por iso que se está a colmatar, enchéndose de lama e diminuíndo o seu tamaño. Un proceso natural presente en todas as lagoas litorais pero que aquí pode estar acelerado por esta infraestructura de carácter antrópica.

Aínda así, este dique constitúe o lugar de paso e comunicación entre as ditas illas. Un lugar idílico que transmite moita paz, onde se apreza o contraste entre a cara oeste, a que dá ao océano Atlántico, e a cara este, a que mira á ría de Vigo. A primeira moito máis agreste e a segunda máis suave e amable.

Do mesmo xeito, o paso polo dique permítenos contemplar dende unha posición privilexiada a riqueza da fauna mariña que vive ou se aproveita desta lámina de auga. Excelente lugar de desove e gardería para moitísimas especies. Un acuario natural nunha lagoa litoral salgada. É o lagoon de Rodas asociado a esta praia e ao seu sistema de dunas. Tamén un espazo de ecncontro.

Ligazóns adicionais sobre a lagoa dos Nenos que tamén che poden interesar:

Calma e tranquilidade na lagoa dos Nenos

O mar modela o litoral de Cíes: Ondada sobre o dique da lagoa dos Nenos

Tres mil anos de cambios ambientais no complexo praia-duna-lagoon das Illas Cíes

Evolución do arquipélago das Cíes dende hai 3000 anos

 

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Rey DaLuz

LuzLux

Share This