Sendeiro do Litoral de Bueu con Volta Montana

  /  ACTUALIDADE   /  Sendeiro do Litoral de Bueu con Volta Montana

Sendeiro do Litoral de Bueu con Volta Montana

Sendeiro do Litoral de Bueu con Volta Montana

O vindeiro sábado 11 de Marzo faremos a segunda Volta a Pé do ano. Esta vez, cambiamos a montaña pola costa, para facer un precioso percorrido pola costa do Morrazo. Acompáñanos o arqueólogo Fran Alonso que nos irá contando a evolución da propia humanidade baseándose no que alí poderemos atopar.

INFO DOS LUGARES QUE VISITAREMOS
Cabo Udra é un espazo natural Rede Natura 2000 e conta cunha paisaxe única, en forma de bolos graníticos, os cales foron empregados durante a historia coma refuxio de pastores. Trátase dun punto estratéxico de primeiro nivel, de control sobre a ría de Aldán e a Ría de Pontevedra e grazas a iso, asentouse alí un castro e unha batería de canóns da Guerra Civil, da cal visitaremos os restos. Pasaremos por varias praias da zona, a de Pedrón, Ancoradouro e Mourisca, nesta última queda unha factoría de salgadura, actualmente en rehabilitación, das mellor conservadas de Galicia. Entraremos nos Chozos, os antigos refuxios de pastores e estaremos atentos ante as frecuentes familias de arroaces que se ven dende o cabo.

A RUTA:
Tipo de ruta: Ruta de sendeirismo pseudo-circular, con relevancia paisaxística e arquelóxico-histórica.
Duración: Entre 4 e 5 horas
Lonxitude: Arredor dos 7km
Dificultade: Baixa
Lugar e hora de saída: Praia de Lagos ás 10 da mañá.

RESERVAS:
Para reservar a túa praza, deberás enviarnos un email a hello@voltamontana.com antes do mércores 8 de marzo, co teu nome completo, DNI, e número de teléfono, así como o número de persoas que asistiredes.

Prezo por persoa: 12€
Nenos ata 12 anos: 7€
Desconto por grupos a partires de 5 persoas (10€/adulto)
Incúe seguro de responsabilidade civil
Non inclúe: desprazamento, comidas e bebidas
Grupo mínimo 10 persoas, máximo 30.

Volta Montana reservaráse o dereito de CANCELAR a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscripcións, das condicións meteorolóxicas ou por outras causas de forza maior, avisando previamente a tódolos participantes.

Máis información e contacto:

Web: Volta Montana Teléfono: (0034) 690 61 47 49 Email: hello@voltamontana.com SamieiraPoio – (Pontevedra – Galicia)

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

 

Share This