Alados-Medioambiente

 

O vindeiro sábado día 13 de agosto Alados Medioambiente proponnos un roteiro nocturno pola Serra do Suído (A Lama). A actividade dará comezo ás 19:00 coa observación de fauna ao atardecer, facendo un pequeno percorrido guiado onde aprender da fauna que vive na zona: Lobo, corzos, teixugo, etc. Despois, chegada a noite, levarán a cabo unha actividade de observación de estrelas coa presenza do astrónomo Pedro Amutio.

A actividade é apta para maiores de 10 anos.

 

Share This