playa melide-min

Roteiro guiado polos areais de Barra e Cabo Home

Sábado 7 de Maio

ROTEIRO GUIADO AREAIS DE BARRA E CABO HOME:

ONDE: Costa da Vela (Cangas do Morrazo)
DURACIÓN: 10:00 A 17:00 h
DIFICULTADE: Baixa. Apta para toda a familia (Nenos a partir de 12 anos).
PERCORRIDO: Aparcadoiro Praia de Barra – Areais de Barra-Donón – Monte Facho – Praia de Melide – Praia de Barra -Aparcadoiro e fin da excursión.
INTERESE: Neste roteiro mostraránsevos os segredos que gardan as prantas dunares, aprenderedes a distinguir rastros e sinais de animais, os ensinaremos para que serve o bosque de ribera e os antigos muiños de auga, iremos en busca de aves forestais e poderemos deleitarnos coas vistas das Illas Cíes dende o Monte Facho, no que tamén coñeceremos os misterios da antiga Cultura Castrexa. Percorreremos a Costa da Vela, visitando os seus faros, e tomaremos o almorzo campestre na Praia de Melide, onde, se acompaña o bo tempo, poderedes darvos un bo baño no mar.
Un percorrido completo, cheo de encanto, onde desfrutaremos da visión das Cíes sempre como marco de fondo.

TARIFA: Adultos: 12 euros. Menores de 15 anos 10 euros.
QUÉ INCLÚE: Servizos de guía de natureza + material de observación + Seguro RC

Para participar é preciso inscribirse previamente. As prazas son limitadas.
INFORMACIÓN / RESERVAS:
Chama ao 662 140 027
Ou manda un correo a info.alados@gmail.com

Enlace ao evento en facebook

Alados Medioambiente

Imaxe:

Alados Medioambiente

Publicado por

Cíes.gal

Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.