© Rey Daluz

Reconversións en Sálvora

Vista parcial do lugar do “Almacén ” en Sálvora” a través dunha extraordinaria imaxe de Fernando Rey Daluz.

A escultura da serea reconvertida en lenda, a vella taberna reconvertida en capela e a factoría-almacén de salgado de peixe reconvertida en pazo. Bolos graníticos, liques alaranxados e matogueira costeira. Tamén hai un areal, duna, augas turquesas con fondos de area, rochosos e bosques de algas, onde existe unha extraordinaria riqueza de vida. Sorprende unha plantación de eucaliptos, un elemento discordante. Ao fin, ese era un espazo ocupado pola matogueira e terras de labranza reconvertidas en cultivo forestal. Reconversións e cambios de carácter antrópico que foron quenes de ir transformando a paisaxe natural e cultural das illas do Parque Nacional. Esta imaxe forma parte dese resultado.

Así, esta instantánea e vista parcial de Sálvora, aparentemente demasiado “típica” ou “clásica”, é sen embargo a través desta captura, quen de reflictir e aglutinar moitos dos aspectos do rico patrimonio que alberga o arquipélago de Sálvora. Multitude de recursos e valores por descubrir ao noso alcance.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Share This