Rapazada de Ons co seu mestre no continente

  /  FOTOBLOG   /  Rapazada de Ons co seu mestre no continente

Rapazada de Ons co seu mestre no continente

Imaxe da rapazada da illa de Ons co seu mestre, de visita ao continente, á costa, á terra. Era unha práctica habitual cando se celebraba o Entroido, naqueles anos 30, desprazarse da illa ao continente.

Daquela a escola non estaba no Centro Cívico do Curro senón no Canexol, na chamada casa rectoral. Destaca por ter dous grandes hórreos que xunto á vivenda de dous andares e as cortes conseguen un recinto pechado, un adro onde se celebraban as festas ata os primeiros anos 60.  Esta vivenda e lugar foron escola e casa dos mestres, mesmo taberna “A Cana”, casa rectoral e moito antes antes vivenda dos caseiros dos marqueses propietarios da illa.

Era cara 1930 e aínda a illa de Ons non chegara ao seu máximo demográfico. Neste documento gráfico contamos máis de 50 nenos e nenas. Maís nenos que nenas, segregados por sexo mesmo para a captura da imaxe.

Imaxe: 

“Isla de Ons, Don Joaquín D. Fernández Cambeiro, entusiasta maestro nacional de aquellas islas que desde hace tres años, por carnavales, trae a los pueblos de la costa una masa coral que a fuerza de paciencia organizó con los niños de su escuela, que en estas excursiones adquieren el roce social que se puede lograr en aquellas soledades”

Vida Gallega: Ilustración regional. Ano 1930

Share This