Día mundial dos océanos paco álvarez

Que é Cíes.gal?. Descúbreo…

Proxecto que xira ao redor do Parque Nacional das Illas
Atlánticas de Galicia e a súa contorna. Un espazo único e singular con influencia en numerosos municipios da costa atlántica galega.

Cál é o seu obxectivo?

Promocionar o seu patrimonio natural e cultural, dinamizando a actividade socioeconómica local. O medio para conseguir a nosa meta: a páxina web oficial e as redes sociais.

Cómo funciona?

O proxecto está baseado na cooperación. Un espazo onde establecer sinerxias. Institucións, investigadores, empresas e creativos, atoparán en Cies.gal un lugar común onde compartir historias, experiencias e produtos ante unha nova audiencia.

Cíes.gal ten 2 grandes metas

1. Difusión e conservación do patrimonio

Xeramos os nosos propios contidos e os difundimos ao público. Con todo, hai moito máis que contar. O patrimonio é cousa de todos. Difundimos e promocionamos contidos especializados de institucións, creativos e investigadores, acadando novos públicos. Xerando tráfico cara a fonte orixinal

2. Comercio electrónico.

As distintas empresas locais comercializan os seus produtos a través de Cíes.gal. Facendo uso do seu marketplace multisectorial, do que obteñen beneficios. Sen costes recurrentes, únicamente se aplica unha comisión en caso de producirse unha transacción.

Os beneficios de todo isto?

– Difusión do patrimonio cultural da zona
– Difusión da #CulturaAtlantica e #NaturezaAtlántica
– Divulgación para a conservación, aportando contidos de calidade
– Dinamización socioeconómica do destino
– Promoción de produtos e servizos locais
– Atracción do turismo de calidade
– Aumento do tempo de estancia do visitante e diversificación da oferta.

Autor vídeo: Javier González Garrido.

Música: Going to by Jahzzar

http://freemusicarchive.org/music/Jah…

Iconos: Deseño Ram-clotario, ibrandify, Freepik- para Freepik.com

 

Imaxe destacada: © Paco Álvarez

Autor vídeo: © Javier González Garrido para © Cíes.gal

Música: Going to by Jahzzar

http://freemusicarchive.org/music/Jah…

Iconos: Deseño Ram-clotario, ibrandify, Freepik- para Freepik.com

Share This