ReyDaluzBG013wb (1)-min

Punta Corveiro

A Illa de Cortegada, fronte ao pobo de Carril, é un deses enclaves descoñecidos dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Sen dúbida un tesouro botánico dentro da ría de Vilagarcía que ben merece unha visita extensa.

No extremo norte da illa, Punta Corveiro, podemos ver un dos Cruceiros Xacobeos que forman parte do “vía Crucis” que percorre a Ría de Arousa e o Rio Ulla, e que foi parte do itinerario que o Apóstolo realizaría até Iria Flavia, actual vila de Padrón.

Artigo orixinal: La web de la experiencia de LuzLux (02/06/2013)

LuzLux

ReyDaluz

Share This