FireShot Capture 49 - Nidificación de píllara papuda en Nigrán (Pon_ - https___www.youtube.com_watch

Protección e seguimento durante a nidificación da píllara das dunas nun areal da ría de Vigo*

Neste video recóllese un pequeno resumo dun traballo de protección e seguimento da nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) levado a cabo nalgún lugar do extenso areal de Praia América ou Area Loura.

Atopámonos en Nigrán, na ría de Vigo, durante o verán de 2012, onde participaron voluntarios da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

Malia a gran presión humana sobre este areal de Praia América ou Area Loura en Nigrán, nos meses de primaveraverán aquí segue a nidificar algunhas poucas parellas de píllara das dunas. Desta vez dos tres ovos do niño protexido, tan só un deles logrou completar o seu crecemento, desaparecendo o segundo polo ao día seguinte, seguramente por predación. E sobre o terceiro exemplar en cuestión seica non temos datos.

*Este audiovisual correspóndese cun traballo de conservación realizado en 2012 e publicado na canle de Youtube da Cemma Cetáceos.

Para saber máis sobre a píllara das dunas pódenche interesar tamén as seguintes entradas:

Píllara das dunas nun areal

A píllara das dunas está criando no litoral da costa galega

Bioloxía reprodutiva da píllara das dunas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Fonte: © Cemma

Audiovisual: © Cemma

Imaxe destacada: captura de pantalla audiovisual da © Cemma

Máis información e contacto: Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma)

Share This