Alados

Alados Medioambiente  dará comezo ao Programa de actividades guiadas de natureza “Naturalmente Cíes”.  Actividades subvencionadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrucruras-Rede de Parques Nacionais. Estas actividades serán gratuítas e desenvolveránse no arquipélago de Cíes pertencenteao P.N.M.T. Illas Atlánticas de Galicia, e estarán centradas na execución de excursións guiadas propias da educación ambiental e o ecoturismo.

publicidad-xunta

ACTIVIDADES –  DESTINATARIOS

Para público xeral, tanto especializado como non especializado.

“As Aves Mariñas Invernantes”: Excursión  de día completo en barco Catamarán da Empresa Charter TerraNova para a observación e identificación de aves mariñas invernantes no Arquipélago de Cíes. Datas: Novembro de 2015.

“As Bolboretas das Illas Cíes”: Excursións de día completo para a observación e identificación de bolboretas presentes nas Illas Cíes. Inclúe

Taller de Fotografía de bolboretas. Datas: Maio/Xuño de 2016.

“As Aves das Illas Cíes”: Excursións de día completo para a observación e identificación das aves presentes nas Illas Cíes. Datas: Maio/Xuño de 2016.

Para escolares de 4º e 5º de Educación Primaria.

Programa “ExploraCíes”: Excursións de natureza guiadas nas Illas Cíes.

Actividade centrada en ofrecer nocións de fotografía de natureza e na divulgación dos valores naturais do parque nacional. Datas: Xuño 2016.

PARA MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS CONTACTAR CON ALADOS MEDIOAMBIENTE

 

alados

Share This