Oferta!
río Teaponte Ana

10.00€ IVA incl.

Descrición do Produto

Ruta guiada pola ribeira do río Tea en Mondariz

Ruta guiada polos sombreados sendeiros do río Tea, onde poderás admirar diferentes elementos etnográficos relacionados cos usos antrópicos do río: muiños, pasos, levadas…

Se che interesa coñecer a Galicia rural, esta é das mellores formas de facelo. Escapa das mesmas visitas de sempre e ven a observar o que ninguén máis ca nós che ensina: as paraxes naturais.

A ruta dura unhas 2 horas aproximadamente e ten unha dificultade baixa, apta para case tódolos públicos.

Todos os mércores ás 17.00 horas en Mondariz, na Avenida Grupo Escolar, detrás do Concello.

Coordenadas: 42.234771, -8.455419

Prezo: 10 euros/adulto.

5 euros/neno.

Recomendacións: auga en abundancia, calzado cómodo e crema solar. E non esquezas un bañador, é posible que queiras usalo…

Máis información:

Teléfono: 677525930

Email: alecrin.natural@yahoo.es

Alecrin Actividades y Aventura

Alecrin Actividades y Aventura