visita-guiada-vigo-pesqueiro

Primeira visita guiada “Percorre”. Vigo Pesqueiro

Se queres coñecer a historia do Vigo Pesqueiro e visitar un barco por dentro, este sábado, 5 de novembro, estréase a PRIMEIRA VISITA GUIADA.

Esta actividade chámase “Percorre”

Unha guía oficial de Vigo Pesqueiro, acompañarános durante todo o traxecto.

Programa: 

11:15 -Punto de encontro oficina de Turismo VIGO

11:30 – Visita ao centro histórico, ao Mercado das Ostras. Falaremos da heroica reconquista dos franceses, de Xulio Verne e das súas “20.000 leguas de viaxe submarina”, do pirata Drake, etc

11:45 – Pasearemos polo Berbés, a orixe do noso porto.

12:00 – Entrada ás instalacións do Porto de Vigo.

12:15 – Visitaremos un barco de pesca de altura.

13:00 – Fin da visita e foto de grupo.

Inscricións en: info@vigopesqueiro.com ou no teléfono: 610 312 685

Máis información e contacto:

Vigo Pesqueiro

Facebook

Fundamar

Premer sobre a imaxe para  poder ampliar:

 

Share This