Presentación das actividades do Día Mundial dos Océanos

  /  ACTUALIDADE   /  Presentación das actividades do Día Mundial dos Océanos

Presentación das actividades do Día Mundial dos Océanos

Vigo 06 de Xuño do ano 2016
NOTA DE PRENSA

Presentación das actividades do Día Mundial dos Océanos

Data: Martes 07 xuño
Hora: 12:30
Lugar: salón de actos do concello de Moaña.
Asisten: Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Jesús Troncoso Souza, director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla: Odilo Barreiro, o conselleiro de Planificación, Vivenda e Infraestrutura e Medio Ambiente e do Mar e Lorena Rodríguez, vicepresidenta da Asociación de oceanógrafos de Galicia

Presentación das actividades, co gallo do Día Mundial dos Océanos celébrase o xoves 9 de xuño na praia de Xunqueira en Moaña, organizado polo Campus do Mar, en colaboración co concello de Moaña e a Asociación de oceanógrafos Galicia. A actividade, dirixida a estudantes dos colexios e institutos moañeses, consiste nun percorrido por cinco estacións distribuídas pola praia nas que os participantes, divididos en grupos e acompañados de monitores especialistas en medio mariño, terán que enfrontarse a unha serie de retos que terán que resolver aplicando o método científico e unhas sinxelas mostraxes de campo.

Imaxe:

© Paco Álvarez

Share This