Alpendre do barrio de Canexol.

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXXVII)

Os seus lugares

Outras construcións domésticas

Xunto á vivenda hai unha serie de construcións para dar servizo ás tarefas realizadas dentro da economía familiar que se desenvolvía en cada casa. Distínguense entre cortes, cortellos, alpendres, hórreos ou eiras. Todas teñen a súa función e as súas características construtivas. A existencia ou non destas dependencias dependerá do nivel económico de cada unidade familiar, por exemplo, de si teñen gando ou non, ou mesmo da cantidade de campo do que dispoñan para cultivar.

As cortes. Espazos onde se garda o gando, de planta cuadrangular, muros de cachotería en seco e a unha auga. Os ocos das portas son de dimensións reducidas, situadas a trinta ou corenta centímetros do chan e de contornos realizados, na maior parte dos casos, con pedras pouco traballadas.
Os cortellos, de características construtivas similares ás cortes aínda que de menor tamaño, resérvanse para gardar os porcos.

Alpendre do barrio de Canexol.

Cortello no barrio de Canexol © Santiago Boado Aguinaga
As eiras. Lugar onde se malla o cereal, fundamentalmente o centeo, o cereal máis abundante na illa, aínda que tamén se conta que se plantaba algo de trigo. Non todas as casas da illa tiñan eira. No caso de tela situábana nun rechán na contorna da vivenda. Estas eiras, ás veces, atópanse rodeadas por un valado de cachotería ou de pedras fincadas, outras son espazos abertos. En moi poucos casos, as eiras da illa teñen o solo regulado por pedras de cantería, xa que a maioría eran de terra pisada que na época da malla botábanlle unha capa finísima de bosta de vaca para regular o chan. Unha vez seca, xa estaba preparada para mallar nela o cereal.

Imaxe destacada © Santiago Boado Aguinaga

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This