fontiñas

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXX)

Os seus lugares

Fonte de Fontiñas

Fonte localizada na ladeira que desemboca na praia de Fontiñas. Está totalmente cuberta por vexetación de monte baixo. O muro que conforma a caixa é de cachotería de granito encintado de cemento. Inexistencia de cano. A auga ten saída por unha mangueira de goma polo que foi reconducida a auga. Nesta zona de saída apréciase o burato de desaugue na zona inferior do muro recortado.

fontiñas

Emprazamento da fonte na ladeira oeste da illa, imaxe tomada dende o Alto de Liñeiros cara o norte © CSIC

Na zona superior de esta estrutura, a uns 5 m ao leste, atópase un depósito de forma circular e semisoterrado. Feito por cachotes de granito encintados con cemento. A tapa de cubrición do mesmo está totalmente recuberta tamén de cemento.

Imaxe destacada: Emprazamento da fonte na ladeira oeste da illa, imaxe tomada dende o Alto de Liñeiros cara o norte © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

 

Share This