entenza 2

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXIV)

Os seus lugares

Lavadoiro de Entenza II

Este lavadoiro sitúase na parte baixa de Entenza, próximo á mina de auga e as casas de Curro.
É de grandes dimensións, construído nos anos 60, cando a illa estaba xa en mans do Estado e dependendo do Instituto Nacional de Colonización.

Construíuse ao tempo co novo centro cívico co fin de centralizar os edificios públicos e comunais. O deseño desta construción semella ao resto das construcións feitas naquela época, tanto na estrutura da arquitectura como nos materiais empregados, nos que se alternan as superficies de pedra á vista coas encaladas.

Este lavadoiro é de planta rectangular con tellado a un auga e con aberturas a modo de fiestras na parede orientada ao sueste. A porta de acceso está na parede penal oeste. No interior ten un lavadoiro central, de planta rectangular, dividido por tres comportas e rodeado nos catro lados pola pedra de lavar, todo feito en cemento. No ano 2009 leváronse a cabo tarefas de restauración do edificio.

entenza 2

Situación do lavadoiro no fondo da valgada da Entenza, nunha zona rodeada de antigas terrazas de cultivo.

 

Imaxe: © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This