lanzada

Os restos do pasado: unha viaxe pola Lanzada (Telearqueoloxía, Bifaces)

Curtametraxe sobre xacemento arqueolóxico de A Lanzada, presentada ao I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016. Categoría Bifaces, maiores de 18 anos.

José David Gamallo Mouteira, productor desta interesante curtametraxe, fíxose con este Primeiro Premio grazas ao un fantástico traballo audiovisual sobre o xacemento arqueolóxico da Lanzada. A curta analiza este singular lugar arqueolóxico a través dun completo repaso por toda a súa secuencia ocupacional de case que 3.000 anos, desde o S. VIII a.C. ata prácticamente os nosos días. Todo elo acompañado de constantes referencias aos traballos de excavación levados a cabo no lugar tanto polos persoeiros do Museo de Pontevedra (Figueira Valverde, Antonio de la Peña) no seu tempo, como polos traballadores da propia Deputación de Pontevedra nestes últimos anos dirixidos por Rafael Rodríguez.

Telearqueoloxía

Share This