Os muxos son uns peixes moi costeiros

  /  NATUREZA   /  Os muxos son uns peixes moi costeiros

Os muxos son uns peixes moi costeiros

Os muxos son uns peixes moi costeiros

Os muxos (Mugil sp.), lisas en castelán ou muxes en galego son peixes costeiros que viven en augas mariñas salobres, aínda que algúns son de auga doce.

Coñécense unhas 75 especies repartidas en 20 xéneros distintos en zonas tropicais e tépedas dos océanos. En Galicia coñécense 4 especies.

Son moi comúns nas nosas costas, en portos, praias, esteiros de ríos ou regatos ou entre cordas mexilloeiras das bateas. Non posúen dentes ou son moi rudimentarios.

Son omnívoros, alimentándose de materia orgánica, pequenos animais do lodo ou fauna que vive sobre algas e rochas. En ocasións inxeren a nata superficial que contén microalgas.

Nalgunhas rexións a súa carne non se aprecia polo costume de vivir en zonas portuarias altamente contaminadas. Con todo, os exemplares de augas limpas teñen unha carne moi saborosa que lembra á do ollomol.

muxos 2

Banco de muxos nunha zona portuaria © IIM/CSIC

Texto de Rafael Bañón, grupo Ecoloxía Pesqueira IIM/CSIC

Share This