bolos-de-salvora-2-min

Os “monstros” de Sálvora

Imaxe de Pedro Figueras dun dos bolos ou “monstros” do arquipélago da illa de Sálvora. A illa agocha os seus “monstros”, unhas rochas graníticas que pola meteorización e constante erosión adoptan as máis caprichosas formas. Son formacións xeolóxicas únicas no mundo. Bloques de grandes dimensións que destacan sobre o relevo suave do arquipélago e que proporcionan unaha paisaxe singular e diferente do resto de arquipélagos do Parque Nacional. Os singulares afloramentos rochosos de Sálvora son o resultado dos procesos de meteorización e erosión sobre un granito de características únicas propia da ría de Arousa, a única ría modelada con este tipo de granito de gran tan groso, equigranular e con alto contido en plagioclasa. Características texturais e minerolóxicas, moi diferentes, por exemplo, ás do granito das illas Cíes.

Fai click sobre a imaxe para ampliala:

Imaxe:

© Pedro Figueras

Share This