Nutria

Morcegos comúnespertello e grande de ferraduraourizo cacho (en Cíes), ratas cincenta e comúnratos caseiro e de campo ou tamén toupas (en Cortegada) e furaños son parte dos mamíferos terrestres representados nas illas. Algúns deles foron introducidos polo home ( gato, rata, gato e ourizo cacho).

Hai presenza de lontras nos catro arquipélagos. Aínda que moi esquiva, está evidenciada dende hai tempo a súa reprodución e cría. Nas furnas adoitan existir pequenas escorrentías de auga doce que chegan formar charcas, necesarias para o uso, coidado e limpeza da salinidade apegada ás lontras.

Moi abondosos son os coellos, doados de ver e testemuñar xa que deixan numerosas pegadas como latrinas de excrementos nos camiños (boíñas acastañadas) ou polos tobos que escavan. Sofren case que todos os anos a peste da mixomatose que padecen unha grande cantidade de exemplares. Ao fin e ao cabo é un modo de autorregulación destas poboacións.

Outros mamíferos que aparecen son o gato asilvestrado e o visón americano (aínda que éste non é capaz de chegar ata Ons pola maior distancia que existe dende terra), resultado o primeiro do gato doméstico en liberdade e o segundo das soltas e fuxidas das granxas peleteiras do continente.

Ambas especies resultan prexudiciais tanto para as poboación de aves como de réptiles polo que a súa presenza é combatida dende o Parque para reducir e eliminar o seu impacto.

Imaxes: 

– Lontra (imaxe destacada): Fischotter, Lutra Lutra” by Bernard Landgraf – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Morcego común en vó: Pipistrellus flight2” by Barracuda1983Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Morcego común pousado: Pipistrellus pipistrellus (3204039207)” by Gilles San Martin from Namur, Belgium – Pipistrellus pipistrellusUploaded by Jacopo Werther. Licensed under CC BY-SA 2.0 via Wikimedia Commons.

– Morcego de espertello: Eptesicus serotinus” by Mnolf – Photo taken in Rum, Tirol, Austria. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Morcego grande de ferradura: Große Hufeisennase (01)” by Prof. emeritus Hans Schneider (Geyersberg) – Own work. Licensed under CC BY 3.0 via Wikimedia Commons.

– Lontra: Nutria 2012-10-20 3” by Juan LacruzOwn work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Coello: Oryctolagus cuniculus Tasmania 2” by JJ Harrison (jjharrison89@facebook.com) – Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Ourizo cacho: Igel01“. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Rata común: WildRat” by Reg Mckenna – originally posted to Flickr as Wild Rat. Licensed under CC BY 2.0 via Wikimedia Commons.

Share This