Os guías acreditados do Parque Nacional das Illas Atlánticas (AGAIA) piden protección fronte o intrusismo e abusos das navieiras

  /  ACTUALIDADE   /  Os guías acreditados do Parque Nacional das Illas Atlánticas (AGAIA) piden protección fronte o intrusismo e abusos das navieiras

Os guías acreditados do Parque Nacional das Illas Atlánticas (AGAIA) piden protección fronte o intrusismo e abusos das navieiras

A Asociación de Guías Acreditados das Illas AtlánticasAGAIA, entregou o pasado luns 7 de Maio o seu documento de alegacións ao Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Coa presentación das súas alegacións, a asociación demanda entre outras cousas: a obrigatoriedade da acreditación oficial de guía do Parque Nacional das Illas Atlánticas para a realización das visitas guiadas, un maior control sobre as empresas que operan neste espazo protexido para asegurar que traballen con guías acreditados e profesionais, o cumprimento da relación do número de visitantes por guía, que se mellore a accesibilidade das infraestruturas e que se respecte as normativas básicas de uso e vixilancia deste espazo protexido único en Galicia.

Coa aparición deste documento inicial, os guías sentíronse tan indefensos como anteriormente, posto que só se cita, respecto ao exercicio de guía nun Parque Nacional, o Plan Director de Parque Nacionais aprobado para todos os parques, pero en ningún momento devandito documento prohibe de forma tallante a aparición de intrusismo laboral na súa xa maltreita profesión. Desta forma, AGAIA presentou 12 alegacións e solicita que sexan tidas en conta na redacción final do PRUX do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Así, as persoas asociadas a través da súa Xunta Directiva da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-AGAIA redactaron unha nota de prensa dirixida a todos os medios de comunicación que queiran difundir esta noticia.

NOTA DE PRENSA AGAIA

A Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas-AGAIA, entregou o pasado luns 7 de Maio o seu documento de alegacións ao Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A pesar da falta de resposta da administración fronte ás peticións de prórroga de diferentes asociacións, a asociación AGAIA entregou en prazo as alegacións ao documento inicial do Plan Reitor de Uso e Xestión, no cal as autoridades competentes estipulan as directrices de xestión e conservación e fixan, entre outras cousas, a zonificación e as normas xerais para a conservación, o uso público e a investigación deste espazo natural protexido coa máxima catalogación nacional.

Coa presentación das súas alegacións, a asociación AGAIA demanda un maior control sobre as empresas que realizan visitas guiadas e outras actividades neste espazo protexido, para asegurar que traballen con guías acreditados e profesionais, que se cumpra coa relación do número de visitantes por guía e que se respecten as normativas básicas de uso e vixilancia deste espazo protexido como sucede noutros parques nacionais.

As persoas asociadas consideran que ata que non se expoña de forma clara e concisa esta temática, os seus empregos continuarán sendo precarios, empeorando cada ano as súas condicións laborais e profesionais, así como a calidade das visitas que realizan. Esta asociación fomenta un uso público de calidade, que contribúa á consecución dos obxectivos divulgativos e de conservación establecidos no ano 2002 na lei de declaración do Parque Nacional.

Asociación de Guías Acreditados-AGAIA alégrase de que 16 anos despois, por fin apareza a posibilidade de contar no Parque cunha ferramenta de xestión tan imprescindible como obrigatoria, pero lamenta a falta de detalle en moitos aspectos, por exemplo, que no dito documento só se citen en 3 ocasións as palabras actividades guiadas/guía sendo a súa profesión tan importante para a conservación e divulgación dos valores ambientais e patrimoniais que se atopan neste espazo natural, valores que tamén deben ser accesibles a todo o público que o visita.

Coa aparición deste documento inicial, os guías sentíronse tan indefensos como anteriormente, insisten, posto que só se cita, respecto ao exercicio de guía no Parque Nacional, o Plan Director de Parque Nacionais aprobado para todos os parques, pero en ningún momento devandito documento prohibe de forma tallante a aparición de intrusismo laboral na súa xa de por sí maltreita profesión. Desta forma, AGAIA presentou 12 alegacións e solicita que sexan tidas en conta na redacción final do PRUX do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

agaia logo

Share This