como-pez-ceida-2

Obradoiro sobre pesca sustentable. Campaña “Como pez en el agua”

 

Actualmente, según datos da Comisión Europea, o 48% das poboacións de peixe avaliadas no Atlántico con interese comercial atópanse sobreexplotadas. Esta cifra ascende ao 93% para as poboacións do Mediterráneo. Estamos en situación de crise e temos a obriga de actuar para revertir este escenario de pobreza ambiental, económica e social: http://bit.ly/2cJ7BAf

É por iso que o vindeiro sábado 22 de outubro, a Confederación Ecologistas en Acción, en colaboración co CEIDA, organiza un Obradoiro sobre Pesca Sustentable, dentro da Campaña ‘Como Pez en el Agua’, co fin sensibilizar sobre o problema da sobrepesca e aumentar os coñecementos da cidadanía sobre os procesos de xestión pesqueira e o estado dos recursos. A actividade terá lugar ás 12 h. no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e a entrada é de balde.

A asistencia require inscrición previa antes do 14 de outubro.

Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/obradoiro-pesca-sostible-campana-como-pez-en-agua.html

 

Área de Información e Comunicación

CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

Castelo de Santa Cruz, s/n

15179 – Liáns-Oleiros

(A Coruña)

Máis información e contacto:

Teléfono: 981630618

Correo-e: difusion@ceida.org

Web: www.ceida.org

Fai clic sobre a imaxe para poder ampliala

Share This