árbore comepedras cortegada

Visitas guiadas a Cortegada co Parque Nacional. “O segredo dun bosque no mar”

Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas está a organizar periodicamente visitas á illa de Cortegada tanto durante o inverno como no verán dentro do programa “Descubrindo o Parque Nacional”

Na presente tempada estival estanse a ofertar rutas guiadas cos guías propios do Parque á illa de Cortegada.

Estas visitas con grupos de reducido tamaño, teñen como obxectivo dar a coñecer os valores naturais e históricos de Cortegada, respectando a importancia ambiental de ditas illas e coidando a calidade da visita.

Para participar é imprescindible anotarse previamente na Central de Reservas de Parques Nacionais (www.reservasparquesnacionales.es) .

Nesa mesma central de reservas pódese ampliar información sobre outras rutas guiadas a outras illas do Parque.

*Salvo anulacións por cuestións meteorolóxicas ou imprevistos organizativos.

Achegamos un calendario coas rutas previstas a Cortegada dende o porto de Carril en Vilagarcía de Arousa (*):

*Detállase a data, o porto de saída, horario de ida e volta e o importe do transporte. As visitas guiadas son de balde.

Calendario:

Venres 21 xullo Carril 12: 00 h 12:15 10€
Martes 25 xullo Carril 16:00 h 19:15 10€
Martes 1 agosto Carril 11:00 h 14:15 10€
Martes 8 agosto Carril 16:30h 19:45 10€
martes 15 agosto Carril 11:00 h 14:15 10€
Martes 22 agosto Carril 16: 00 h 19:15 10€
Martes 29 agosto Carril 10:30h 13:45 10€
Martes 12 setembro Carril 10h 13:15 10€

Imaxe: © Cíes.gal

Share This