Hero+¡nas-min

ría de Arousa presenta difíciles condicións para a navegación, comparado co resto de rías galegas, sobre todo a vela e para embarcacións de certa envergadura.

O arquipélago de Sálvora ademais da illa principal, está constituído por outras illas máis pequenas como SagresNoro ou Vionta. Ademais existen outros moitos illotes menores e baixíos tan perigosos como AsadoirosPedras PardiñasTouza Area MesaTouza do Cabeceiro GrandePedras do Sargo,  Pegar ou a filla da Pegar onde embarrancaría o buque “Santa Isabel”.

memoria colectiva dos veciños de Sálvora quedaría marcada para sempre o 2 de xaneiro do ano 1921. Esa noite producíuse o naufraxio e afundimento do buque correo de vapor “Santa Isabel”, que confundiu a súa ruta debido ás adversas condicións metereolóxicas, chocando cos baixíos fronte ao faro. Se ben o primeiro construírase xa en 1852, estábanse a concluír as obras da nova infraestrutura, que se inauguraría nese fatídico ano de 1921, tralo naufraxio.

Este segundo faro afrontaría unha profunda reforma en 1958, instalándose grupos electróxenos, baterías e un almacén, xa que cambiaran os combustibles anteriormente empregados como aceite e petróleo. Hoxe funciona con placas solares que proporcionan a enerxía eléctrica (fotovoltaica) necesaria.

O vapor “Santa Isabel” no momento do accidente levaba 266 persoas a bordo entre tripulantes e pasaxeiros, acabando por se partir en dous antes de afundirse.

O buque correo, viña dende Bilbao, Santander e A Coruña para entrar en Vilagarcía e proseguir até Vigo e logo a Cádiz para completar a pasaxe que se dirixiría logo a Arxentina e Uruguai.

A primeira persoa na illa que se deu conta do que sucedía sería o torreiro, quen correría até a aldea en demanda de auxilio.

A noite do naufraxio, dos aproximadamente 60 veciños cos que contaba a illa, tan só estaban presentes 25. O resto da poboación se atopaba nas festas do ano novo que se celebraban na costa, nas parroquias ribeiráns de Aguiño e Carreira polo que a maioría dos que presenciaron o terrible suceso eran mulleres e nenos.

As mulleres coa axuda das dornas (embarcacións tradicionais) irían en auxilio das vítimas, o que lles valería o recoñecemento por parte das autoridades. Foron denominadas as heroínas de Sálvora.

O número total de vítimas foi de 213 persoas e o de superviventes56. Sería a maior traxedia documentada da navegación en Galicia.

En Punta Besugueiros están os restos da base dunha cruz en memoria dun tripulante.

Continuará…

Ler tamén: Breve aproximación á historia de Sálvora (I)

Imaxes:

Vida Gallega

Vivendas caseiros: foto Ksado

Share This