O Illote do Con de Briñas en Cortegada

  /  FOTOBLOG   /  O Illote do Con de Briñas en Cortegada

O Illote do Con de Briñas en Cortegada

O Illote do Con de Briñas en Cortegada

Presentamos unha enorme mole de pedra granítica a través dunha fantástica imaxe da man de Gainzafer, sobre o misterioso e enigmático illote coñecido na ría de Arousa cos nomes do Con Branco ou Cagado e tamén illote de Briñas. Facemos refrencia a un con situado e inmerso realmente nun diminuto subarquipélago, que forma parte do arquipélago de Cortegada, xunto á illa do mesmo nome mais As Malveiras, a Grande e a Chica.

Cando falamos dun con, por norma xeral referímonos a unha pedra de gran tamaño, xeralmente redondeada pola erosión e que especialmente atópase nas proximidades da costa e sobresaíndo da superficie da auga. Moitas das veces só cando baixa o mar, aínda que non é o caso do noso protagonista, O Con Branco de Briñas en Cortegada, no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que gosta de ter sempre unha parte emerxida.

O arquipélgo de Cortegada está situado nas Rías Baixas de Galicia, no interior da Ría de Arousa, no esteiro do río Ulla, fronte á parroquia de Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Premer sobre as imaxes para ver fotogalería:

Pódenche interesar tamén as seguintes entradas sobre Cortegada:

FOTOBLOG-NATUREZA: Dez imaxes definen arquipélago en Cortegada

NATUREZA-TURISMO: O arquipélago de Cortegada. Presentación

FOTOBLOG-NATUREZA: Un bosque na illa de Cortegada (I)

FOTOBLOG-HISTORIA: Na aldea de Cortegada. Fotogalería

FOTOBLOG-HISTORIA: O embarcadoiro de Cortegada en 1906

HISTORIA: Caserío de Cortegada en 1911

HISTORIA: Breve aproximación á historia da illa de Cortegada (I)

NATUREZA-VIDEOBLOG: Un bosque con aldea na illa de Cortegada

NATUREZA-VIDEOBLOG: Un bosque na illa de Cortegada (II) Fotogalería

NATUREZA: Fungos na illa de Cortegada

FOTOBLOG: Marisqueo en Cortegada

BIBLIOGRAFÍA-NATUREZA: Un estudo da UDC localiza ricas pradarías de seba nos fondos mariños de Cortegada e Sálvora

NATUREZA-VIDEOBLOG: Conservación de matogueiras arborescentes de Laurus nobilis na illa de Cortegada

BIBLIOGRAFÍA: Guía micolóxica da Illa de Cortegada

TURISMO: O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación

BIBLIOGRAFÍA-TURISMO: Nova edición Guía de visita Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

 

Imaxe destacada: O illote do Con de Briñas ou Con Cagado no arquipéalgo de Cortegada © Gainzafer

Share This