cocina-con-ciencia-encabezamento

O CSIC presenta os audiovisuais do proxecto divulgativo “COCIÑAconCIENCIA” con Pepe Solla

O proxecto, que se iniciou en xaneiro de 2016, ten como obxectivo concienciar ao público xeral dos riscos que afectan á seguridade dos alimentos, desde a compra até a súa preparación no fogar, pasando polo transporte e a súa conservación.

Para iso, nunha primeira parte, celebráronse en Vigo en marzo, abril e xuño tres Showcookings científicos nos cales Pepe Solla e a responsable do proxecto, Graciela Ramilo (microbióloga do IIM-CSIC), prepararon pratos do recoñecido chef nos que se mostrou aqueles puntos críticos que poderían pór en perigo a saúde dos consumidores, facendo ver que se poden cambiar determinados malos hábitos sen maior esforzo. Con esta fusión de cociña e ciencia, trátase de divulgar para formar, e formar para evitar enfermidades de transmisión alimentaria, dun modo práctico e ameno, introducindo cuestións científicas que justifiquen as boas prácticas na cociña.

Esta acción deu lugar ao tres audiovisuais que se presentarán na rolda de prensa e que comezarán a difundirse a partir do 23 de setembro na web do proxecto (www.cocinaconciencia.csic.es), en webs institucionais e demais medios de comunicación.

COCIÑAconCIENCIA, iniciativa do CSIC a través do IIM xunto a Pepe Solla, financiada pola FECYT-MINECO, co apoio de concello de Vigo, Gadis e Afundación, continuará nos próximos meses a través da web do proxecto e de actividades de divulgación científica en centros educativos, asociacións de veciños e mercados.

Fonte:

www.delegacion.galicia.csic.es

Share This