1170022_246806235658757_1885722065_n

O CSIC observa que a resposta da ría de Vigo ao afloramento costeiro prodúcese ás seis u oito horas de establecerse os ventos

O achado publícase en Geophysical Research Letter

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), realizou un estudo acerca da resposta da ría de Vigo ao afloramento costeiro, proceso que se dá en determinadas áreas mariñas expostas a ventos cunha compoñente predominante cara ao ecuador terrestre, ventos do norte na costa das Rías Baixas. Estes ventos son capaces de xerar movementos verticais ascendentes de masas de auga frías e ricas en nutrientes desde o fondo mariño á superficie, coa consecuente repercusión na mellora da produción biolóxica.

“Os resultados revelan que a resposta da ría de Vigo ao afloramento costeiro é moi rápida e que presenta eventos máis curtos do que se determinou en estudos científicos previos. Así, cuantificouse que a duración dos eventos típicos de afloramento era duns sete días, cando agora se constatou, a través da análise de datos solicitados, que a súa duración media rolda os dous ou tres días. Por outra banda, a resposta das correntes na ría aos ventos prodúcese nun seis ou oito horas desde o establecemento dos mesmos”, explica Miguel Gil Coto, científico do CSIC no IIM.

1170022_246806235658757_1885722065_n

                                                                                                           Fotografía de © Pedro Figueras

O estudo, cuxos detalles se publicaron en Geophysical Research Letters, enmárcase no proxecto STRAMIX, financiado polo Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación (2013-2016) e liderado polo IIM a través do Grupo de Oceanoloxía. O seu obxectivo é estudar a circulación residual na ría de Vigo e a súa relación cos ciclos de estratificación e mestura. Conta coa colaboración da Universidade de Vigo, a Bodega Marine Laboratory da Universidade de California (E.E.U.U.), así como co Plymouth Marine Laboratory (Gran Bretraña) e o apoio da Autoridade Portuaria de Vigo.

“A pesar de ser un dos mellores exemplos a nivel mundial de estuario forzado por afloramiento costeiro, a ría de Vigo non foi estudada baixo a perspectiva dos ciclos de estratificación e mestura. Neste contexto, o proxecto pretende obter observacións a escalas temporais estacionales, supramareais e intramareais dos ciclos de estratificación e mestura a través de medicións simultáneas (perfís verticais) de velocidade e densidade”, sinala Miguel Gil.

Tras obter estes resultados, as seguintes fases na investigación pasan por avaliar que forzamientos (vento, marea, irradiación solar, acheguas fluviais…) e en que medida controlan os ciclos de estratificación e mestura na ría tanto a escalas estacionales como a escalas temporais máis curtas.

O estudo: contexto e resultados

“As baías e os estuarios expostos a ventos fortes mostran un intercambio bidireccional vertical, auga que flúe por superficie nun sentido e por fondo no contrario. Esta estrutura das correntes inducida por vento local pódese axustar ao esquema de correntes, máis potente e tamén bidireccional, do afloramento costeiro xerado polos ventos remotos que sopran na plataforma costeira, aumentando así a intensidade dos intercambios baía-océano.

É o caso, por exemplo, da ría de Vigo, sobre a que se realizaron estudos previos en relación ao afloramento que revelaron, por exemplo, como as correntes inducidas polo afloramento controlan a produción primaria e, por tanto, as pesqueiras e a acuicultura da ría“, explica Miguel Gil Coto.

Neste contexto, un dos obxectivos do estudo era determinar cal é a resposta das correntes da ría aos ventos locais, dentro da ría, e remotos, na plataforma costeira. Para iso usaron observacións de datos solicitados durante un ano cun Perfilador Acústico por Efecto Doppler de Correntes (ADCP) fondeado a 45 metros de profundidade no medio da ría de Vigo, servido de electricidade e comunicacións cun cable submarino de 1 quilómetro, e de dúas estacións meteorolóxicas dentro (dique da terminal de Bouzas) e fóra da ría (en abóiaa de Cabo Silleiro de Portos do Estado).

“Estimouse que a duración media dos eventos relacionados co afloramento, é dicir, das surxencias positivas e cos afundimentos foi de 3,3, e 2,6 días, respectivamente. As técnicas estatísticas de correlacións vectoriais aplicadas ás series de datos de correntes e ventos rexistrados revelaron unha rápida resposta ao afloramento, con desfasamentos entre correntes e ventos locais de menos de 6 horas e cos ventos remotos entre 6 e 12 horas”, apuntan os científicos, quen consideran que “esta rápida resposta débese, entre outros factores, á estreiteza da ría, a súa orientación e estratificación vertical. Unha resposta similar ao afloramento pódese dar noutras baías e estuarios que compartan as mesmas características que a ría de Vigo“.

“As zonas afectadas por fenómenos de afloramento costeiro son as áreas máis produtivas do planeta, por tanto estes resultados hai que interpretalos á súa vez incidindo na repercusión que ten na produtividade dunha ría e en como está afectada os eventos curtos de aflorameento”, conclúen.

Os científicos avogan agora por “realizar máis estudos para aumentar o noso coñecemento sobre forzamientos secundarios que poidan modular a circulación residual das rías Baixas ou forzamentos primarios que predominan noutros tipos de eventos”.

Referencias

Gilcoto, M., J. L. Largier, E. D. Barton, S. Piedracoba, R. Torres, R. Graña, F. Alonso-Pérez, N. Villacieros-Robineau, and F. da Granda (2017), Rapid response to coastal upwelling in a semienclosed bay, Geophysical Reseach Letters, 44(5), 2388-2397, doi: 10.1002/2016GL072416.

Imaxe: © Pedro Figueras

Share This