Nosa Señora rey 1

O Consello da Cultura Galega acolleu un encontro para abordar a necesidade de equilibro entre o turismo e a conservación da paisaxe e do patrimonio

O turismo como factor de cambio nas cidades, o papel que queremos darlle aos centros históricos neste fenómeno crecente de presión turística, exemplos do uso da paisaxe como produto turístico foron algúns dos aspectos que se abordaron no Encontro ou a relación entre cultura, turismo e economía, ademais do seu impacto no patrimonio, foron algúns dos aspectos que se abordaron nas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega “Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverscias dun diálogo posible“, coordinado polo enxeñeiro e especialista en patrimonio cultural, Carlos Nárdiz.

Algún político preguntouse cantos turistas caben en España? O incremento dos fluxos turísticos que, tal e como explicaban algúns dos expertos, é previsible que se siga incrementando, así como o seu impacto en destinos especialmente sensibles como as cidades patrimonio ocuparon boa parte da primeira xornada do Encontro, centrada moi especialmente no caso de Compostela.

Por esta razón Miguel Anxo Troitiño, catedrático de Xeografía Humana da Universidade Complutense de Madrid e coordinador do estudo que en 2008 recomendou limitar as visitas á catedral de Santiago de Compostela, foi o elixido para abrir esta primeira xornada. Na súa intervención Troitiño destacou que fai falta desenvolver accións para evitar unha excesiva turistificación desde unha fase temperá do fenómeno, avogando por establecer modelos de xestión das cidades nas que o turismo estea integrado.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, os concelleiros de Santiago, Marta Lois e Jorge Duarte, así como expertos como Manuel Chaín, subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural, José Ramón Castiñeiras, xefe da área de Imaxe e Xestión de Marca Turismo de Galicia, Rafael Sánchez Bargiela, director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de Turismo de Galicia, a antropóloga Cristina Sánchez Carretero ou represententes do Consello Regulador D.Ou Ribeira Sacra foron algúns dos relatores que abordaron cuestións como a xestión turística nos centros históricos, a pegada deste fenómeno nos camiños de Santiago ou as posibilidades da importancia do apoio da comunidade local para garantir a viabilidade da Ribeira Sacra como futuro BIC.

Fonte: Cluster Turismo de Galicia

Imaxe: Fernando Rey

Share This