© José A. Campos

“O cazador cazado”

Unha imaxe de José A. Campos capturada o 5 de decembro de 2015 durante e celebración do III concurso de fotografía dixital “Unha ollada as túas illas”. Un maratón fotográfico celebrado no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Así, observamos en primeiro plano, un participante “cazado” no instante de disparar unha foto, “O cazador cazado”. A imaxe foi tomada na Boca da Lagoa, dende o dique que une de maneira artificial a illa Norte ou Monteagudo coa illa do Medio ou Montefaro, no arquipélago das illas Cíes.

Este tipo de actividades pretenden dar a coñecer os valores destes espazos naturais dende outro punto de vista, xa que o inverno é unha época de moita menor afluencia de visitantes. Do mesmo xeito, este tipo de iniciativas tratan de sensibilizar á poboación sobre o riquísimo patrimonio que albergan estes espazos naturais protexidos a través da fotografía, podendo transmitir así a importancia de conservar a beleza, o encanto e os valores destas paixaxes insulares tan singulares.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

© José A. Campos

Share This