nudibranquios 1

Nudibranquios, babosas de mar nas Rías Baixas de Galicia

As babosas de mar son unha especie de animais mariños, os Nudibranquios (Nudibranchia), moluscos gasterópodos da familia dos Chromodorididae. En concreto na imaxe que presentamos apreciamos unha parella de Hypselodoris cantabrica ou Felimare cantabrica. A denominación de nudibranquio fai referencia á singularidade de contar coas “branquias ao desnudo”.

O seu hábitat atópase no infralitoral de fondos rochosos, aparecendo dende o intermareal ata os 25 m de profundidade. Esta especie aliméntase principalmente de esponxas e está caracterizada pola súa chamativa cor azul acompañada de manchas brancas ou amarelas ao longo do corpo. Esta imaxe foi capturada nalgún lugar das RíasBaixas de Galicia por Pedro Alonso (@pedroalonsobuceo).

Fai clic sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © Pedro Alonso

Share This