Nace un proxecto para promover o turismo mariñeiro no Parque Nacional das Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  Nace un proxecto para promover o turismo mariñeiro no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Nace un proxecto para promover o turismo mariñeiro no Parque Nacional das Illas Atlánticas

principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.

Este proxecto promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira.

Coa Formación Incial dos Profesionais do Mar para a Actividade de Guías do Parque Nacional preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

Así, no día de hoxe celebrouse unha Xornada Técnica no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

Tríptico XORNADA TÉCNICA MAR DAS ILLAS

Máis información e contacto en Mar das Illas

Imaxe destacada: © Santiago Boado Aguinaga

 

Share This