gaivota-arq-luz-1-min-1

Nace o Arquivo da Luz Atlántica

Aínda que as novas tecnoloxías, concretamente as tecnoloxías móbiles, facilitaron enormemente o rexistro fotográfico da vida cotiá, introduciron unha masificación de contido desordenado e un importante factor de perda de calidade das imaxes. As cámaras dos dispositivos móbiles presentan importantes limitacións relativo á calidade de imaxe, resolución, definición, tonalidades, etc o que motiva un maior volume de fotografías pero de menor calidade que outrora.

Como sabemos, calquera biblioteca que se prece, debe ter o seu contido ben ordenado e etiquetaxe de tal forma que resulte cómodo e rápido atopar a información que tratamos de buscar, pola contra perdería toda función para a cal foi creada.

A comezos do 2015, nace o proxecto Arquivo da Luz Atlántica, un banco fotográfico e a rede que recolle de maneira visual e ordenada, o patrimonio cultural e natural do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia. Aínda que é certo que existen toneladas de fotos na internet sobre o tema, como dicía antes, realmente resulta moi difícil atopar material gráfico de calidade, ordenado con criterio e pensando na divulgación, que non estean protexidas por dereitos de autor.

Arquivo da Luz é un ferramenta web que funciona a modo de bibliotecario, axudándoche a atopar facilmente a fotografía que máis encaixa co tema que buscas. Fotografías xeoposicionadas e etiquetadas cos termos máis relevantes en galego e castelán. Será un complemento aos teus artigos, charlas e traballos; ou simplemente para satisfacer a túa curiosidade sobre a cultura e a natureza que definen, en gran maneira, o orgullo de pertencer a esta terra, Galicia.

Todo o banco fotográfico está suxeito á licenza de Creative Commons (Atribución-Non comercial-Sen obra derivada CC BY-NC-ND).

Esta licenza permíteche descargar toda a obra fotográfica e compartila con outros, mentres apareza o recoñecemento como fotógrafo (Pedro Figueras) e o site do proxecto

Acceder ao arquivo: (www.arquivodaluz.com).

Este proxecto foi subvencionado pola ORDE de 23 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e convócanse para os exercicios orzamentarios nos anos 2015 e 2016.

Share This