logo club buceo ons 2

Mergúllate no Parque Nacional das Illas Atlánticas co Club Buceo Ons

Somérxete e descobre os segredos que agochan os fondos submarinos do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Poderás coñecer deste xeito a grandísima riqueza e importancia que atesoura o medio mariño no Parque Nacional, e que conforma o 86% da superficie protexida deste espazo natural.

Actividades:

– Snorkel con equipo completo.

– Bautismos de mergullo con botella de aire baixando até os 6 metros de profundidade.

Onde:

Na praia de Area das Dornas, no arquipélago da illa de Ons, ao carón da caseta de información. As inmersións lévanse a cabo entre o peirao e a punta do Castelo, cun predominio de fondos rochosos que albergan unha grande variedade de especies mariñas. Xa que logo, unha magnífica representación de todas as especies do litoral da costa Atlántica galega.

Estas actividades inclúen:

Monitor, Seguro de responsabilidade civil, Charla previa, Equipamento completo e a propia Actividade na auga. En total, unha duración aproximada de tres horas.

*Consultar prezos, dispoñibilidade e horarios.

Máis información e contacto:

Teléfonos: 635477038 ou 637294818

Email: clubdebuceons@gmail.com

Facebook Club Buceo Ons

FEGAS

 

Share This