polbo acorazado 1 viños

Mergullando con Ecoloxía Azul no illote dos Viños en Cíes

Unha visión diferente do illote ou penela dos Viños nas illas Cíes a través dos seus fondos submarinos. Este illote ou penela dos Viños, rodeado por tanto de auga, atópase situado na illa do Medio ou Montefaro, fronte os areais da punta das Vellas ou dos Bolos e Nosa Señora, en zona de reserva.

Aquí podemos desfrutar do resultado visual dunha inmersión científica de Ecoloxía Azul mostrando moitos exemplos dos riquísimos valores que se agochan nestas augas.

Na inmersión nos baixos e entorno do illote dos Viños van xurdindo topo tipo de animais e algas mariñas. A saber, espirógrafos, esponxas, melgachos, polbos, tapaconas, chaparelas, pintos e maragotas, doncelas ou raias. Todas son especies repartidas entre os distintos hábitats deste singular ecosistema mariño que ocupan os diferentes tipos de fondos submarinos. Neste caso, fondos de area, cascallo ou de rocha sempre acompañados e decorados de algas verdes, pardas e vermellas.

Especial atención merece neste audiovisual de Ecoloxía Azul un animal de excepcional intelixencia e personalidade, o polbo (Octopus vulgarirs), reflectida en parte a través das imaxes desta inmersión e grazas a este documento de Ecoloxía Azul.

*O submarinismo nas illas Cíes está regulado do mesmo xeito que nas augas do resto dos arquipélagos que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Ons, Sálvora e Cortegada). Compre consultar a normativa e no seu caso solicitar o correspondente permiso de mergullo.

Un capítulo de Galicia Submarina por Ecoloxía Azul:

Este vídeo foi publicado na canle de Vimeo de Ecoloxía Azul en novembro de 2017.

Imaxe destacada: captura de pantalla audiovisual Ecoloxía Azul

Share This